Mañufe celebra as festas de San Antonio e Corpus

FOTO: MIRIAM RODRÍGUEZ // Procesión de Corpus en Mañufe.

A parroquia gondomareña de Mañufe celebra esta fin de semana as festas na honra de San Antonio e Corpus. O sábado 15 de xuño a xornada comezará ás 11:00 da mañá cun pasarrúas a cargo da charanga Va K Pinta. Ás 12:30 horas celebrarase a Misa Solemne na honra de San Antonio, seguida de procesión acompañada pola mesma charanga, que ademais actuará ao finalizar. Ás 18:00 horas terán lugar as Típicas Poxas, e pola noite, a partir das 22:30 horas, a verbena correrá a cargo das orquestras Costa Oeste e La Torre. Ao finalizar a festa e durante a madrugada confeccionaranse as alfombras florais.

O domingo 16 ás 10:00 da mañá a Banda de Música Popular de Tui ofrecerá un pasarrúas por Gondomar e pola parroquia de Mañufe. Ás 11:00 horas comezará a Misa Solemne de Corpus, seguida de procesión acompañada pola citada Banda de Música, que ofrecerá ao finalizar un concerto. Ás 19:00 horas haberá inchables para nenos e ás 21:00 horas actuará A Banda da Loba.

Anuncios