David Pérez, presentado oficialmente como novo adestrador do Baíña FS

O Baíña FS fixo onte pola tarde a presentación oficial de David Pérez como novo adestrador do primeiro equipo e director de metodoloxía da base. David puido coñecer de primeira man aos máis pequenos do club e falar un pouco con eles e que lle contasen de primeira man que é o Baíña e tamén falar cos adestradores de base.

Ana Iglesias, presidenta do club, destacaba “o papel que xogará David na formación dos máis pequenos”, e para Daniel, o coordinador do club, a chegada de David é considerada como “fundamental en canto a mellorar a calidade dos adestramentos e na formación dos nosos adestradores de base”.

Anuncios