Baiona celebra a cuarta edición de “Sons do Casco”

O Concello de Baiona, xunto coa Asociación de Comerciantes e Empresarios de Baiona (Aceba), organiza por cuarto ano consecutivo o “Sons do Casco” co obxectivo fundamental de dinamizar e desestacionalizar a oferta cultural e de ocio baionesa. Esta ruta musical que terá lugar o 14 e 15 de xuño no casco antigo baionés, leva consigo unha fin de semana repleta de música en directo na que participarán un total de 17 grupos musicais con diferentes estilos como o jazz, blues, funk, flamenco, DJ, rock, pop, etc. que buscarán encher de música as nove prazas e rúas máis emblemáticas e senlleiras do casco histórico baionés como son Padre Fernando, Ventura Misa, Diego Carmona, Lorenzo de la Carrera, Xogo da Bola, Praza Pedro de Castro, Xardíns do Museo da Navegación e Praza Fonte de Zeta.

Anuncios