Baiona acolle a primeira proba do Campionato Galego de Balonmán Praia

A Praia Ladeira de Baiona acollerá os días 14, 15 e 16 de xuño a primeira das seis probas do IX Campionato Galego de Balonmán Praia de categoría sénior, xuvenil, cadete, infantil e alevín nas categorías masculinas e femininas. Para o seu desenvolvemento montaranse catro campos, contando coa participación de 72 equipos de toda Galicia e máis de 750 xogadores. Esta é a primeira vez que Baiona será sede do circuíto galego de balonmán.

Anuncios