
David Perdomo presentará este sábado 15 de xuño en Baiona o seu espectáculo “En Crudo”. Será ás 20:00 horas no Auditorio V Centenario, cun prezo de entrada de 10€ se é anticipada e de 13€ en despacho de billetes. As entradas anticipadas poderanse conseguir en Ataquilla.com e no Central Park Bayona.
O actor e humorista coruñés volve co seu espectáculo máis vándalo. Con este traballo, no que fiel ao seu nome, se descalza para estar libre de artificios, volve aos seus inicios, ás súas intensas e irrepetibles descargas de humor, sátira, ironía e rock and roll, aínda que máis acedo.
Neste traballo, David Perdomo xa non é o humorista do Club da Comedia que o levou por teatros e auditorios de toda España. Volve aos seus inicios cando se formou en casa Hamlet e na compañía Estragón, con quen virou por toda España para especializarse despois no humor e a comedia da man de Manicómicos e Escola do Trinque.
Nos últimos anos labrouse un nome nas televisións autonómicas, pero se hai un medio no que se move como peixe na auga é no da internet. Crea xunto a Alberto Castaño “S Koruño”, unha parodia da sociedade coruñesa co que se labrou unha lexión de seguidores en twitter.
No ano 2009 comeza a traballar xunto a Xosé Touriñán e Roberto Vilar en Land Rober, exitoso programa galego. No ano 2010 a súa popularidade dispárase grazas a unha serie emitida unicamente na internet na que interpreta a diversos personaxes entre os que destaca “Koruño”.
Un ano máis tarde, no 2011, recibe unha proposta de traballo por parte da produtora Mandarina para participar no programa “No le digas a mamá que trabajo en la tele” xunto aos cómicos Dani Rovira, Goyo Jiménez e Iñaki Urrutia. Actualmente prepara unha serie para Youtube “Moncho”.