Inscricións abertas para participar na VIII Travesía de SUP entre Baiona e Nigrán

Volve a travesía máis antiga e multitudinaria de Galicia. Prado Surf Escola, Waira e a Federación Galega de Surf, coa colaboración dos Concellos de Nigrán e Baiona, organizan a VIII Travesía de SUP Baiona-Nigrán, que terá lugar o vindeiro domingo 16 de xuño. O percorrido, de 4,5 km, iniciarase desde a Praia da Ladeira ás 11:00, estando situada a meta en Praia América, onde haberá petiscos para recuperar as forzas ao terminar.

O prezo da inscrición son 15 euros, incluíndo camiseta, dorsal, seguro federativo e petisco. Os que non dispoñan do material necesario para facer a travesía, poden alugar o equipo completo en Waira por 10 euros. As inscricións poden realizarse a través do correo electrónico waira@waira.com ata o venres 14 de xuño.

Para facilitar a loxística, a organización poñerá un autobús que sairá desde Praia América ata a Ladeira ás 10:30. Desta forma, os participantes deben ir á Ladeira a deixar a súa táboa e recoller o dorsal, para logo ir ata Praia América para deixar alí o vehículo, e volver á Ladeira no autobús da organización para tomar a saída.

Ademais, desde as 11:00 ata as 14:00 horas, a organización ofrecerá bautismos de Pádel Surf gratuítos para nenos.

Anuncios