O CB Baiona abre as inscricións para o seu Campus de Verán

O Club Baloncesto Baiona organiza do 12 ao 16 de agosto o seu Campus de Verán, que se desenvolverá no Pavillón Municipal de Baiona en horario de 10:00 a 14:00 horas. Está dirixido a nenos e nenas de 4 a 16 anos, cun grupo especial Baby Basket. Inclúe camiseta de agasallo para todos os xogadores, merenda todos os días a media mañá, seguro de accidentes, xogos na praia e actividades complementarias, e visitas de adestradores e xogadores. O prezo do Campus é de 40€ para os Socios do Club e 50€ para non Socios. Para formalizar a inscrición, débese pasar polo Pavillón Municipal de Baiona ou chamar ao teléfono 986 356 558.

Copa de Primavera

O Club Baloncesto Baiona pechou a tempada coa participación dos seus equipos na Copa de Primavera, na que o Júnior Feminino e o Infantil Feminino proclamáronse Campións, e o Cadete Feminino e o Infantil Masculino Subcampións.

Anuncios