Gondomar contará cun vehículo patrulla para a protección do medio ambiente

FOTO: POLICÍA LOCAL DE GONDOMAR

As axudas para a mellora de infraestruturas de servizos municipais e do Fondo de Compensación Ambiental competitivo e non competitivo repartirán 349.594 euros en nove concellos da área territorial de Vigo. A Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza financia ao abeiro destas ordes diferentes actuacións paisaxísticas, medioambientais e de equipamentos nos municipios galegos.

En canto á resolución das axudas en concorrencia non competitiva e concorrencia competitiva do Fondo de Compensación ambiental parte do investimento total, de 151.420,62 euros, será para Gondomar, con 29.947,50 euros para a adquisición dun vehículo patrulla para protección do medio ambiente. Estas axudas van destinadas a financiar iniciativas orientadas á conservación da biodiversidade, ao impulso da eficiencia, ao uso sostible das enerxías renovables e á restauración e reposición do medio ambiente e reequilibrio territorial.

Anuncios