Baiona recibirá preto de 54.000 € para infraestruturas e do fondo de compensación ambiental

As axudas para a mellora de infraestruturas de servizos municipais e do Fondo de Compensación Ambiental competitivo e non competitivo repartirán 349.594 euros en nove concellos da área territorial de Vigo. A Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza financia ao abeiro destas ordes diferentes actuacións paisaxísticas, medioambientais e de equipamentos nos municipios galegos.

En canto ás subvencións para a creación de e/ou mellora das infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais, entre os concellos beneficiarios está Baiona, con 25.469,50 euros para adquisición de maquinaria deportiva para ximnasio do pavillón municipal.

En canto á resolución das axudas en concorrencia non competitiva e concorrencia competitiva do Fondo de Compensación ambiental parte do investimento total, de 151.420,62 euros, será para Baiona, con 28.344,77 euros para a adquisición dun vehículo eléctrico para a Policía Local.

Estas axudas van destinadas a financiar iniciativas orientadas á conservación da biodiversidade, ao impulso da eficiencia, ao uso sostible das enerxías renovables e á restauración e reposición do medio ambiente e reequilibrio territorial.

Anuncios