Sin categoría

Dúas medallas de ouro e unha de prata para o CPA Gondomar no campionato provincial

O Club de Patinaxe Artística Gondomar tivo a súa representación este sábado no Campionato Provincial nas categorías alevín e infantil. A competición foi convocada pola Federación Galega de Patinaxe e tivo lugar ao longo da mañá en Salvaterra do Miño, no Pavillón Municipal de Cándido Carrera Estévez, coa presenza de 28 deportistas que comezaron cos adestramentos ás dez da mañá.

Este foi un campionato cun gran podio, repleto de gran dificultade técnica e coreográfica, no que as patinadoras do adestrador David Figueroa desmarcaron con forza, conseguindo na categoría infantil o ouro Sofía Costas e a prata Noa Álvarez, así como subindo ao máis alto do podio Lola Álvarez na categoría alevín, e clasificándose para o Campionato Galego tamén Joel Ribeiro, Ainhoa Vidal e Sara Ferreira.

As patinadoras mostraron o seu gran traballo e esforzo reflectido nos seus resultados, expoñendo os seus programas a un público que puido gozar deste deporte artístico que cada día progresa con máis intensidade, o cal denota a constancia e a paixón pola patinaxe que son características innatas nestes deportistas gondomareños.

2019-06-09 - Sin título-3