
A peña madridista “La Séptima” de Baiona celebrou este sábado o seu vixésimo primeiro aniversario cunha cea baile no Restaurante Rocamar, en Baredo, á que asistiron máis de 70 afeccionados, socios e amigos do colectivo. Tras as sobremesas, interveu a súa presidenta, María Miniño, e o invitado de honra da noite, Agustín Rodríguez. Despois comezou a festa con DJ Ángel.