A baionesa Gabriela Bouzada pecha a tempada con dous Ouros no Provincial

A baionesa Gabriela Bouzada completou este sábado a tempada proclamándose dobre campioa no Campionato Provincial de Atletismo en Pista Benxamín da Liga Xogade, baixando a súa marca en 6 milésimas. A deportista da Sociedade Atlética Val Miñor conseguiu dúas medallas de Ouro, unha en 50 metros cunha marca de 8.18, e a segunda en 500 metros, cun rexistro de 1:38.00. A nova deportista de Baiona pecha así unha tempada chea de podios pero sobre todo conseguindo experiencia para a seguinte.

Palmarés

  • OURO no Campionato Provincial de Cros Monte a Través (Chenlo, Porriño)
  • OURO no Campionato Provincial de Pista ao Aire Libre 500 m (Pontevedra)
  • OURO no Campionato Provincial de Pista ao Aire Libre 50 m (Pontevedra)
  • OURO no Campionato Galego de Pista ao Aire Libre 500 m (Lugo)
  • BRONCE no Campionato Galego de Pista Cuberta 50 m (Ourense)
  • QUINTA no Campionato Galego de Pista Cuberta 500 m (Ourense)

Ademais de numerosos triunfos nas carreiras populares de toda a provincia e comunidade galega. Grazas ao club Sociedade Atlética Val Miñor pola súa dedicación e sobre todo ao seu adestrador Brais, por estar sempre con ela para que mellore cada día.