Ferreira confía en contar co PXOM antes de 2023

Francisco Ferreira e Iria Lamas durante a reunión mantida co equipo redactor.

Gondomar contará cun Plan Xeral de Ordenación Municipal aprobado definitivamente durante este mandato. Así o asegurou o alcalde da condal, Paco Ferreira, tras a reunión mantida esta semana co equipo redactor do documento urbanístico e á que acudiu a concelleira de Urbanismo, Iria Lamas. Ferreira explicou que actuarán de maneira paralela na súa elaboración e para iso estableceron un cronograma que se centrará sobre dous aspectos definidos. Por unha banda incorporarán ao borrador as 600 alegacións formuladas durante a rolda informativa levada a cabo polas diferentes parroquias da localidade. Por outro redactarán o anteproxecto do PXOM, así como o documento inicial estratéxico ambiental adaptado á normativa da Lei Urbanística de Galicia de 2016. O rexedor calcula que o avance do Plan estará listo para enviar á Administración autonómica cara ao mes de agosto ou setembro, que ten un prazo de tres meses para responder e en caso de dar o visto e prace prepararase para levalo a pleno e aprobalo inicialmente.

O PXOM deberá de estar un mes en período de exposición pública e de non haber alegacións volvería enviar á Consellería competente, que ten 30 días para analizalo. A partir de aquí pódense dar os seguintes supostos, requirimento de corrección de deficiencias, aprobación parcial, total ou denegación da mesma.

A Pasaxe

Por outra banda Ferreira destacou os avances no proxecto de Reparcelamento do polígono industrial da Pasaxe, cuxa aprobación inicial levouse a cabo en marzo. Conta con que o visto e prace en firme obtéñase a finais de mes “se non hai contratempos”. Co que o último paso será sacar a licitación pública a execución da primeira fase por valor de catro millóns de euros.

Anuncios