David Pérez será o novo adestrador do primeiro equipo do Baíña FS

David Pérez será o encargado de dirixir o primeiro equipo do Baíña FS, recentemente ascendido á Terceira División Nacional, ademais de ser o responsable da coordinación da metodoloxía das categorías base e a formación dos técnicos do club.

Técnico Superior de Fútbol Sala, TAFAD/Adestrador Persoal, Técnico de Nutrición e Experto Universitario en Dirección de Clubs de Fútbol Sala que virá achegar o seu traballo e coñecementos ao club para que este continúe co seu crecemento, onde a formación dos seus xogadores da base é clave sen esquecerse do rendemento do seu primeiro equipo, que ademais é o exemplo para o resto de categorías.

O club fará a presentación oficial a próxima semana en Baiona, onde lle acompañarán a presidenta Ana Iglesias e o coordinador de base Daniel Álvarez.