A Policía Local de Baiona contará cun novo vehículo eléctrico

O Concello de Baiona contará co seu primeiro vehículo eléctrico nas rúas. Este coche é un vehículo 100% eléctrico e estará totalmente equipado con sinalización óptica e acústica para ser utilizado pola Policía Local durante a realización do seu traballo. O custo da berlina é financiado en gran parte por unha subvención da Dirección Xeral de Administración Local da Xunta de Galicia a través do Fondo de Compensación Ambiental. Segundo explicou o alcalde, Ángel Rodal, desta forma ademais de lograr ampliar o parque móbil da Policía Local, faise cun vehículo eléctrico, o que implica unha condución máis respectuosa co medio ambiente, máis barata, máis suave e silenciosa e con menos gastos de mantemento respecto a un vehículo de gasóleo ou gasolina.