O Juan María lanza a súa primeira liña de roupa

Juan María Empleo presentou este martes a tenda da súa páxina web www.juanmariabylolola.com. Juan María by lolola nace da colaboración entre Juan María Empleo SL, un centro especial de emprego sen ánimo de lucro de Nigrán que busca a inclusión das persoas con discapacidade intelectual, e lolola, firma viguesa especializada en deseños personalizados.

A colección “Estrelas para todos” é a primeira liña de roupa froito desta colaboración que xorde para ofrecer pezas actuais, á moda e adaptadas ás necesidades das persoas. Están elaboradas en algodón, con puños elásticos amplos e con deseños nos que as cremalleiras son protagonistas non só pola súa comodidade á hora de poñelas, senón tamén porque encaixan á perfección co estilo desta colección, coidada ata o máis mínimo detalle.

Juan María by lolola non é só unha liña de roupa, é un novo proxecto empresarial onde as persoas con discapacidade intelectual participan activamente, desde a manipulación de pezas, empaquetado, xestión de almacén ou preparación de pedidos da tenda on- line entre outros. Ao comprar as pezas da colección “Estrelas para todos” se colabora para que estas persoas poidan desenvolver as súas capacidades e ter unha vida laboral plena.