O Erizana inicia o proceso para elixir nova directiva

O Erizana Club de Fútbol convoca Asemblea Extraordinaria para o vindeiro xoves 13 de xuño ás 20:30 horas en primeira instancia e ás 21:00 en segunda para elixir nova Xunta Directiva. Na Asemblea celebrada este domingo o Presidente presentou a súa dimisión e deu comezo o prazo para a presentación de candidaturas, que finalizará o mesmo xoves 13 de xuño ás 20:00 horas. Ata entón farase cargo do club unha Xunta Xestora.