Inscricións abertas para a VIII Concentración do Moto Club A Cento Cien

O Moto Club A Cento Cien prepara a súa VIII Concentración, que se celebrará en Gondomar os días 14, 15 e 16 de xuño. Serán tres días cheos de actividades, entre as que destacan unha exhibición de Roberto Rodríguez, o home máis forte de España, que realizará o record mundial aguantando a forza de 4 quads tirando del, unha exhibición de Dani Pérez, unha charla sobre seguridade viaria impartida pola Garda Civil de Tráfico do Porriño, xogos moteiros coas animadoras Voltereta e Volvoreta, concertos, festas con DJ, sorteos e rutas moteiras, unha delas nocturna e con fachos en memoria dos moteiros caídos.

As inscricións anticipadas pódense realizar ata o 10 de xuño a través dos teléfonos 687 456 529 ou 610 777 553 cun prezo de 30 euros, ou 20 se se trata de media inscrición. A inscrición completa inclúe camiseta, pin, cana de benvida ou refresco e cana en Bar Tropicana, picada venres, almorzo sábado, comida sábado, cea sábado, almorzo domingo, comida domingo e agasallos nos sorteos. A media inscrición inclúe camiseta, pin, cana de benvida ou refresco, cana en Bar Tropicana, cea sábado, almorzo domingo e agasallos nos sorteos. As prazas están limitadas a 250. O prezo en despacho de billetes será de 35 euros.

Haberá unha zona de acampada cuberta, ou os que o prefiran, poderán aloxarse no Hotel Cristaleiro (986 369 017) ou no Hostal Paz (986 360 057).

VENRES 14
19:00 APERTURA INSCRICIÓNS, CAMISETA, PIN, BEBIDA
22:30 PICADA BENVIDA INSCRITOS
23:00 CONCERTO GRUPO GOONES
01:00 FESTA NA CARPA CON DJ FREDY

SÁBADO 15
9:30 A 10:30 ALMORZO INSCRITOS EN CARPA
10:30 VISITA Ao MERCADO DE GONDOMAR
11:00 APERTURA INSCRICIÓNS, CAMISETA, PIN, BEBIDA
13:00 SESIÓN VERMUT
14:30 COMIDA NA CARPA SERVIDA POR CÁTERING
17:30 XOGOS MOTEIROS, ANIMADOS POR PINCHACARNEIRO E VOLVORETA
18:30 CHARLA SEGURIDADE VIARIA POLA GARDA CIVIL DE TRÁFICO DO PORRIÑO
20:00 EXHIBICIÓN DE ROBERTO RODRÍGUEZ, O HOME MÁIS FORTE DE ESPAÑA, QUE REALIZARÁ O RECORD MUNDIAL AGUANTANDO A FORZA DE 4 QUADS TIRANDO DEL E MÁIS SORPRESAS
20:30 EXHIBICIÓN DE DANI PÉREZ
22:30 CEA INSCRITOS NA CARPA SERVIDA POR CÁTERING
00:00 ROTEIRO FACHOS POLOS MOTEIROS CAÍDOS
00:15 CONCERTO GRUPO A PATRULLA
01:30 SORTEO DE AGASALLOS
02:00 FESTA A CARGO DE DJ FREDY
03:00 SORTEO DE AGASALLOS

DOMINGO 16
9:30 A 10:30 ALMORZO INSCRITOS EN CARPA
11:30 ROTEIRO CON PICADA
14:00 ENTREGA TROFEOS
14:30 COMIDA INSCRITOS EN CARPA SERVIDA POR CÁTERING
16:00 FIN DA CONCENTRACIÓN 2019