Baiona abre as inscricións para participar no Campamento Urbano

FOTO: CONCELLO DE BAIONA // Actividades dos campamentos na Praza do Concello.

A Concellería de Xuventude do Concello de Baiona organiza un ano máis o Campamento Urbano destinado a nenos e nenas de 5 a 11 anos. Haberá dúas quendas a escoller unha, a primeira do 15 ao 31 de xullo e a segunda do 1 ao 16 de agosto, ambas as dúas en horario de 10:30 a 13:30 horas.

Entre as actividades que se van a levar a cabo, podemos destacar diversas excursións aos monumentos da vila, como a Virxe da Rocha, a Carabela Pinta, a Casa da Navegación, a Fortaleza de Monterreal, saídas medioambientais, xogos na praia, coñecerán un tramo do Camiño Portugués pola Costa, festa de despedida, entre outras actividades.

O prazo de solicitudes para participar neste campamento está aberto ata o 20 de xuño e a adxudicación de prazas realizarase mediante sorteo. Esta actividade é totalmente gratuíta. Máis información na Omix, 2º andar da Casa do Concello, ou no teléfono 986 385 921.