
A Asociación de Veciños Monteferro de Panxón e o Concello de Nigrán homenaxearon este sábado a Laura López Rouco con motivo do seu 100 aniversario. Á celebración acudiu o alcalde, Juan González, acompañado de Jose Luis Sanromán, Marina Vidal e directivos da Asociación, que lle fixeron entrega dunha placa conmemorativa e un ramo de flores. Tampouco faltaron á cita Carmen e Tucho, as dúas persoas que a coidan. Laura López Rouco naceu en febreiro de 1919 en Panxón. Tivo que emigrar a Uruguai, onde traballou como costureira e casou co fotógrafo Prudencio León.