A baionesa Mara Ludeña volve subirse ao podio con outro segundo posto

A baionesa Mara Ludeña Pérez volve subir ao podio ao conseguir o segundo posto na categoría Pre-Benxamín Feminino na 2ª Regata Provincial de Pontevedra, disputada este domingo en Encoro de Pontillón do Castro en Verducido. A distancia da regata foi de 1500 metros, e para completala, a deportista do Kayak Tudense empregou un tempo de 12:14:67. Na cita pontevedresa competiron os 21 equipos da provincia con 300 deportistas.

2019-06-02 - IMG_4733