Un ouro, unha prata e un bronce para a Sociedade Atlética Val Miñor no Campionato Galego

A Sociedade Atlética Val Miñor participou este sábado con cinco representantes no XIII Campionato de Galicia Sub10 e Sub12 Torre de Núñez, disputado nas pistas lucenses do Estadio Gregorio Pérez Rivera con preto de 800 atletas achegados de todas as delegacións da comunidade.

Participaron Gabriela Bouzada e Brais Montes de Baiona, Bisrat Mein e Isis Acea de Nigrán e Sergio Gil de Saines. Gabriela fíxose co Ouro en 500 metros e foi cuarta en 50 metros, Bisrat conseguiu a Prata en 500 metros e Sergio o Bronce en salto de altura. Mención especial para o seu adestrados Brais, sen el non serían posible estes logros.

2019-06-01 - IMG_20190601_140956_resized_20190601_073840029