Sin categoría

A Concellería de Xuventude de Gondomar presenta o programa de lecer para este verán

A Concellería de Xuventude do Concello de Gondomar presenta o programa de lecer para este verán, con actividades que van dos seis anos en diante, unha aposta polo lecer activo, creativo e enxeñoso.

A programación arrancará cun obradoiro de cociña para o día 30 de xuño, levado a cabo por Paloma (semifinalista) de Masterchef 4 (7-14 anos).

Seguirá cunhas rutas de sendeirismo: o 3 de xullo “Ruta das Ánimas”; 4 de xullo “Ruta do Río Miñor”; e o 5 de xullo “Tramo do Camiño da Nosa Señora do Norte”. O Obradoiro de Emprego Valiemprega III será o encargado de guiar estas rutas para dar a coñecer o patrimonio natural da vila. Vai dirixido a nenos/as de 7 anos en diante e poden participar os pais.

Do 15 ao 19 de xullo, darán paso á expresión musical, iniciación á batería, dirixida para mozos/as de 8 a 14 anos. Do 22 ao 26 de xullo CreaCancións, os mozos e mozas de 9 a 16 anos que participen adquirirán coñecementos para compoñer cancións de diferentes estilos musicais.

Construíndo Arte, do 1 ao 14 de agosto, dará paso á expresión artística,orientado ás idades de 6 a 13 anos. Darán renda solta á súa creatividade a través da expresión plástica, escultura, teatro, debuxo…

E a actividade estrela, na que o enxeño e valor ambiental van unidos, será ECOBOX, a primeira sala de escapismo móbil de Galicia en Gondomar. Os participantes terán 30 minutos para saír da sala. Esta actividade tomará Gondomar do 2 ao 16 de agosto en horarios de tarde-noite e a partir de 16 anos en diante. Hai que buscar un grupo de entre 2 e 5 participantes e inscribirse.

Para participar nestas actividades os interesados deben inscribirse presencialmente na OMIX do Concello de Gondomar ou chamar ao 986 369 746, dende o 3 de xuño ata completar aforo en cada unha de elas.