Sin categoría

O Cineclub Val Miñor Alice Guy proxecta este xoves “Los olvidados”

O Auditorio Municipal de Nigrán acolle este xoves 30 de maio ás 20:30 horas a proxección da película “Los olvidados”, un clásico de Luis Buñuel, ofrecido polo Cineclub Val Miñor Alice Guy-Blaché en colaboración co Concello de Nigrán de maneira gratuíta. Este novo cineclub de Nigrán, que colle o nome da primeira muller en ser realizadora dunha longametraxe, ofrece un filme cada penúltimo xoves de mes no Auditorio Municipal. No filme, o Jaibo é un adolescente que escapa dun correccional e reúnese no barrio cos seus amigos. Uns días despois, o Jaibo mata, en presenza do seu amigo Pedro, ao raparigo que supostamente tivo a culpa de que o enviasen ao reformatorio. A partir de entón, os destinos de Pedro e o Jaibo estarán traxicamente unidos.