
Para celebrar o 10º aniversario da súa KDD Nacional, o Ducati Club DOC D.C.E. escolleu Vigo e Baiona. O evento celébrase entre o 31 de maio e o 2 de xuño con case un centenar de motos da emblemática marca italiana. Os participantes hospedaranse nun hotel da cidade olívica, para o sábado ás 9:45, tras o almorzo, comezar o roteiro e as actividades previstas.
Todos xuntos gozarán da hipnotizadora costa de lugares máxicos de montaña nun roteiro de aproximadamente 85 km, con panorámicas de infarto e a visita a un dos castros mellor conservados de toda Galicia. Entre as 11:30 e as 12:30 os apaixonados ás dúas rodas visitarán o Monte Santa Tegra na Guarda, onde gozarán coas paisaxes do Estuario do Miño, o océano atlántico, así como aproveitar o seu rico patrimonio.
Despois farán unha inmersión coas súas motos nunha paraxe natural, A Serra da Groba, un lugar máxico, repleto de enerxía e de miradoiros desde onde Galicia pareceralles pequena, para ás 14:30 horas gozar dunha comida no Parador de Baiona e dunha visita pola Fortaleza de Monte Real.