
O candidato da formación independente Unión Centrista de Nigrán (UCN), Antonio Fernández, quere agradecer publicamente o apoio recibido ao seu partido nas eleccións de onte domingo. “Máis de 400 veciños que apostaron polo noso proxecto político -de consenso, dialogo e moderación-, a pesar de quedar a un puñado escaso de votos para seguir mantendo a representación na Corporación, polo que lle damos as máis sinceras grazas e asumimos toda a responsabilidade dos posibles erros que puidesen haberse cometido, así como tamén agradecer ao marabillo equipo de homes e mulleres que me acompañaron na candidatura e o fantástico grupo de colaboradores que traballaron con orgullo e dignidade durante toda a campaña”.
UCN felicita ao partido socialista e ao candidato Juan González, polo histórico resultado alcanzado equiparable a un auténtico tsunami que varreu do panorama político local tanto á esquerda como á dereita e o centro, deixando un goberno amplamente maioritario e unha oposición monocolor minguada, polo que non terá escusa nin xustificación de ningún tipo para poder desenvolver o programa electoral co que concorreu ás eleccións -especialmente a aprobación do PXOM-, e no que os veciños depositaron maioritariamente a súa confianza. “Esperamos non defraude e UCN manterase expectante ao longo desta nova etapa, e non poderá escudarse agora no papel de vítima -que explotou moi ben durante a lexislatura-, polo que tan bos resultados cultivou”.
Fernández Comesaña, xa felicito onte persoalmente ao candidato socialista Juan González, recoñecendo tamén o seu fracaso e asumindo as responsabilidades. “Esperamos e desexamos o acerto nas decisións do novo goberno saído das urnas, e que non traizoe a confianza depositada polos seis mil veciños que lle deron o seu apoio -polo que sería moi lamentable-, para que Nigrán avance no progreso e o benestar”, conclúe o candidato e portavoz independente.