“Seguiremos gobernando como ata agora, con consenso, transparencia, participación e proximidade”

O alcalde en funcións de Nigrán, o socialista Juan González, quen obtivo 13 dos 17 concelleiros da corporación, compromete continuar gobernando na mesma liña nos vindeiros catro anos, é dicir, “con consenso, participación, transparencia e proximidade”. “Agardábamos un bo resultado pero é certo que superou os mellores prognósticos, o noso compromiso é seguir gobernando así, poñendo ás persoas por riba de todo, non imos a cambiar”.

“Somos un equipo unido e solvente cun proxecto en marcha dende 2015 e que, grazas a este resultado, imos poder axilizar moitas cousas que estaban pendentes», incide. Neste sentido, González avanza que traballarán para poñer en marcha dende o Concello unha Escola Municipal de Música na actual biblioteca e unha de Pintura no faro de Panxón (Gaifar), ademais de iniciar o proxecto para un novo auditorio de uso específico e maior capacidade no SAU 6 de Praia América ou traballar para completar a instalación de saneamento, abastecemento e fibra óptica en todo o municipio. “Temos grandes proxectos para poñer en valor o noso municipio, moitos deles xa en marcha, como a construción da nova biblioteca; as obras de recuperación das marxes do río Muíños con zona deportiva de skate-park e pista de atletismo xa a piques de rematar; a creación do primeiro parque forestal da comarca entre Camos e Chandebrito; a repatriación do mosaico romano de Panxón e a recuperación da contorna do Arco Visigótico na mesma parroquia”, sinalou. Así mesmo, entre os principais compromisos inclúe humanizar rúas tan necesitadas como Otero Pedrayo, Manuel Lemos, Camiño Vello ou completar Mariñeiro, continuar cos plans de asfaltados por parroquias, construír un centro para maiores…

González agradece tamén publicamente o traballo de toda a corporación durante estes catro anos de goberno, “estando en minoría puidemos traballar mantendo sempre un clima de máxima cordialidade e respecto entre todos os grupos”.

COMPOSICIÓN DA NOVA CORPORACIÓN

PSOE
Juan A. González Pérez.
(Alcaldía) San Pedro.
2. Raquel Giráldez Armas
Panxón. Teniente de Alcalde.
3. Diego García Moreira.
Camos. Concelleiro de Urbanismo, Medio Ambiente e Persoal.
4. Rubén Rial Sánchez.
Nigrán. Concelleiro de Vías, Obras, Limpeza, Servizos Urbanos e Seguridade
5. Nuria Lorenzo López.
Chandebrito. Catedrática de Canto, solista e directora coral.
6.- José Luis Sanromán Román.
Priegue. Concelleiro de Educación e Deportes.
7. Alfonso Vázquez Pérez.
Parada. Concelleiro de Sanidade, Relacións Veciñais e Comercio.
8. Bibiana Peixoto Iglesias.
San Pedro – Vilariño. Mestra.
9. Marina Vidal Lorenzo.
Panxón. Mestra.
10. Patricia Diego Travieso.
San Pedro. Perruqueira.
11. Cristina Dosil Valverde.
Parada. Empregada automoción.
12. María Mayán Areal.
Priegue. Auxiliar de enfermaría.
13. Ladislao Alonso Valverde.
San Pedro. Xubilado.

PP (4 CONCELLEIROS)
1. Carlos Abal Valverde.
2. María José Pino Fernández (Nigrán).
3. Álvaro Pereira Sanromán (Panxón).
4. Javier Alborés Míguez (Parada).

Anuncios