“Cine na Praza” en Sabarís coa película “Mascotas”

Continúa o ciclo “Cine na Praza” incluído na programación cultural e de lecer Baiverán 2017, organizada pola Concellería de Cultura de Baiona. Este luns 14 de agosto proxectarase a película “Mascotas”, ás 23:00 horas na Praza Victoria Cadaval de Sabarís.

Nun edificio de apartamentos de Manhattan, a vida de Max como mascota favorita corre perigo cando a súa dona trae a casa a outro can chamado Duke, con quen Max pronto ten as súas diferenzas. Pero ambas as dúas mascotas teñen que deixar atrás a súa rivalidade cando se decatan de que un adorable coelliño branco chamado Snowball está a recrutar a un exército de animais domésticos que foron abandonados, decididos a vingarse de todos os animais domésticos felices e dos seus donos.