O baionés Adrián Gómez proclámase campión galego de lanzamento de martelo

O baionés Adrián Gómez Cima proclamouse este sábado campión galego no XVIII Campionato de Galicia Sub 16 de pista ao Aire Libre, que se disputou nas pistas de Balaídos en Vigo. O deportista do Real Club Celta de Atletismo fíxose coa medalla de ouro en lanzamento de martelo de 4 kg na categoría Masculina Sub 16 cunha marca de 44.32 metros. Aarón Otero Ferrari (34.95), do Atletismo Vila de Cangas, e Adrián Soutiño Pérez (32.75), do Viguesa de Atletismo, foron segundo e terceiro respectivamente.

Anuncios