
A colaboración entre o Instituto de Estudos Miñoráns e a Comunidade de Montes de couso, vén de fructificar na descuberta de 38 novos pretróglifos, esparexidos por 24 áreas ou localizacións. Todos eles atópanse no lugar coñecido como Chan da Porreira e forman parte da arte abstracta.
«Todos eles están pendentes de estudos máis pornerizados, pero podemos concretar que se trata de diversas expresións de arte figurada que pertencen a diversas épocas. Existen moitas posibilidades de que se descubran novos xacementos arqueolóxicos, o que está a obrigar a ser moi cautelosos nas cortas de madeira que se están a a realizar na zona», destacs Xosé Antón Araúxo, presidente dos comuneiros.
Segundo as primeiras estimacións os máis antigos pertencerían a época de cambio do Calcolitico ao Bronce. Estaríamos a falar de nada menos que 4000 anos de antigüidade. Entre as figuras representadas atópanse un bó número de équidos, concretamente 17, aínda que tamén se teñen detectado coviñas, reticulados, zoomorfos ou figuras circulares.
«Unha vez máis a colaboración, a suma de esforzos entre o tecido asociativo de Gondomar dá frutos de grande transcendencia. Gondomar é hoxe un privilexiado museo aberto para poder ver, disfrutar e recorrer obras ancentrais únicas», conclúe Araúxo.