Actos de peche de campaña de Unidas Podemos

Este venres 24 de maio Unidas Podemos-Son En Común celebrará o peche de campaña electoral. Farán dous actos, o primeiro ás 17:00 horas na Praza do Concello (se chovera, o acto terá lugar na sala Ángel Bedriñana, baixo a Praza de Abastos), no que contarán coa presenza de Luca Chao, parlamentaria de Galicia pola súa candidatura; e o segundo, ás 20:00 horas na Praza Victoria Cadaval de Sabarís, un encontro coa veciñanza, para facer o peche definitivo da campaña.

En Baiona estará Liliana Vázquez (número 2) e José Ramón Estévez, candidato á alcaldía de Baiona, xunto con Natalia Vizcaíno e Antía Fernández, números 3 e 6 da lista, ademais de Silvano Montes, actual voceiro de Esquerda Unida no Concello de Baiona e persoa que pecha a lista da candidatura. En Sabarís, contarán coa presenza de Natalia Vizcaíno, Guillermo Penas (numero 5 da candidatura), Liliana Váquez e José Ramón Estévez, candidato á alcaldía por Unidas Podemos.

Anuncios