O secretario xeral para o Deporte recibe ao equipo Show do CPA Gondomar

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, recibiu este mércores ao Club Patinaxe Artística Gondomar tras a súa medalla de prata no Campionato de Europa de Patinaxe Artística Show e Precisión celebrado en Reggio Emilia, Italia. As patinadoras gondomareñas, apoiadas polo seu adestrador David Figueroa, saíron á pista con máxima entrega, representando a súa arte deportiva co seu “Saint Mary”, conseguindo alcanzar o segundo posto. O equipo Show do CPA Gondomar entregouse integramente á branca pista de patinaxe sobre rodas, superando a grandes equipos e demostrando o seu “saber facer” na mesma. As gondomareñas desexan superarse se cabe no próximo Campionato do Mundo, o WRG 2019, que disputarán en xullo en Barcelona.

Anuncios