Os socialistas de Nigrán continúan coas súas xuntanzas por parroquias en Panxón

O alcalde socialista de Nigrán e cabeza de lista ás eleccións municipais do 26 de maio, Juan González, invita aos veciños de Panxón a asistir este xoves ás 20:30 horas á Asociación de Veciños Monteferro (Panxón) para escoitar as propostas do seu equipo para o municipio en xeral e para esta parroquia en concreto de cara aos vindeiros catro anos. Como nas demais xuntanzas celebradas, o obxectivo non é só presentar o programa do partido socialista, senón tamén escoitar os desexos ou as preguntas dos veciños e veciñas. O seguinte encontro será o acto fin de campaña o venres na Ramallosa.

Anuncios