Sin categoría

Nigrán Decide fai público o seu programa electoral completo

Nigrán Decide publicou no seu blogue o programa electoral completo que, concorde aos principios programáticos da súa candidatura, baseados no dereito a unha vida digna, á defensa da cultura, do patrimonio e da lingua, á igualdade e o desenvolvemento en Nigrán dunha economía xusta, social e sostible, se divide en 6 grandes áreas nas que se definen propostas concretas de actuación.

Estas áreas son: Igualdade; Territorio; Medio Ambiente e Transporte Público; Administración e Servizos Públicos; Cultura e Deportes; Atención a veciñanza, no que están incluídas propostas relativas ao ensino, á sanidade, aos servizos sociais, á mocidade e ás persoas maiores. A última área é a de desenvolvemento local e emprego, onde se inclúen medidas de protección ao pequeno comercio e de fomento do turismo en Nigrán.