Nigrán Decide continúa cos encontros coa veciñanza en Panxón e Priegue

Nigrán Decide continúa cos encontros coa veciñanza nas parroquias. Despois dos actos de Chandebrito, Camos, Parada e A Ramallosa, este martes día 21 de maio realiza o acto de presentación da candidatura e o seu programa en Panxón. Será na Asociación de Veciños Monteferro de Panxón ás 20:30 horas e nel intervirán, ademais do candidato á alcaldía José Cuevas, os membros da candidatura da parroquia de Panxón, Carme Xiráldez e Antonio Valtierra. Antes do acto final de campaña, Nigrán Decide finalizará a súa rolda por todas as parroquias de Nigrán cun encontro coa veciñanza na parroquia de Priegue o mércores, 22 de maio, ás 20:30 horas no CRC O Torreiro de Priegue.