Interceptan en Nigrán a un motorista circulando a 121 Km/h nunha vía limitada a 50

A pasada fin de semana a Garda Civil detectou en Nigrán a un motorista cando circulaba a 121 Km/hora nun tramo de vía limitado a 50 Km/h que, ademais, está considerado de especial vixilancia como roteiro protexido para ciclistas.

Os feitos sucederon ás 17:20 horas do pasado domingo na PO-552 (Vigo-Tui), á altura de Nigrán, cando un equipo radar do Destacamento de Tráfico da Garda Civil do Porriño detecta a unha motocicleta que excedía en 71 quilómetros o límite dun tramo integrado nun roteiro de especial vixilancia para ciclistas, que está sinalizado a 50.

A grave irresponsabilidade deste mozo condutor, de 21 anos, veciño de Gondomar, pode levar aparellada a perda de 6 puntos do saldo do seu permiso de conducir, ademais dunha sanción económica de 600 €.

Desde o Subsector de Tráfico da Garda Civil advírtese de que estas condutas constitúen os principais factores de risco que concorren nos accidentes en xeral e nos máis graves en particular, iso supón un grave problema de seguridade viaria, non só para os responsables, senón tamén, para os demais condutores e outros usuarios.

Anuncios