Paula López e Sergio Silva gañan o clasificatorio para o nacional de bolos celta por parellas mixto

Paula López-Sergio Silva (Bolos Portameán e Bolos Belesar Urgal).

Este domingo celebrouse nos campos de bolos da Casa de Cultura de Camos, en Nigrán, o campionato por parellas mixto clasificatorio para o Campionato de España da modalidade. Participaron un total de 16 parellas que xogaron a partires das 9:00 horas as clasificacións para a fase final do mesmo.

Clasificáronse para a fase final as seguintes parellas: Ana B. Rodríguez-Gabriel Valverde; Paula López-Sergio Silva; Blanca Lago-Manuel Mo; Diego Pérez-Lorena Rodríguez; Melisa González-Javier Villamarín; Patricia García-Juan I. Peixoto; Davinia Dios-Ismael Fernández e Jenifer Lea-Vicente Mo.

Tras as roldas de ¼ e semifinais, pasaron a disputar a final as parellas formadas por Paula López-Sergio Silva con Blanca Lago-Manuel Mo, co resultado final de 6-2 a favor dos primeiros.

A clasificación final foi a seguinte:

Campións: Paula López-Sergio Silva (Bolos Portameán e Bolos Belesar Urgal)
Subcampións: Blanca Lago-Manuel Mo (Bolos Estivada)
3º clasificados: Ana B. Rodríguez-Gabriel Valverde (Bolos Rega)
4º clasificados: Lorena Rodríguez-Diego Pérez (Bolos Sobreiro)
5º clasificados: Jenifer Lea-Vicente Mo (Bolos Estivada)
6º clasificados: Patricia García-Juan I. Peixoto (Bolos Portameán-Bolos Peitieiros)
7º clasificados: Davinia Dios-Ismael Fernández (Bolos Portameán-Bolos San Cibrán)
8º clasificados: Melisa González-Javier Villamarín (Bolos Portameán-Bolos Mañufe)

Anuncios