Portas abertas no Baíña FS

O club de fútbol sala Baíña pon en marcha a súa campaña de «portas abertas aos seus adestramentos», unha vez acabadas as ligas regulares o club seguirá adestrando en distintos pavillóns de Baiona para preparar os torneos de verán e a próxima tempada. Todos os nenos ou adultos que se queiran achegar aos seus adestramentos poderano facer gratuitamente desde o 20 de maio ao 20 de xuño. Para máis información contactar co coordinador deportivo Daniel Álvarez no teléfono 617 902 730 e xa lles informan dos horarios. O club conta con adestradores titulados (Inef e Nivel III Nacional), monitores de fútbol sala para garantir a mellor formación deportiva.