
O baionés Brais Gómez Cima proclamouse este venres campión galego de contrarreloxo individual por segundo ano consecutivo. Neste 2019, As Pontes foi o escenario do primeiro campionato autonómico de ciclismo do ano. O ciclista do Ponteareas foi o primeiro clasificado na categoría júnior masculino, cun tempo de 31:06.905. O Campionato de Galicia CRI, organizado polo Club Ciclista As Pontes – Vilalba, contou con 300 corredores que rodaron polas estradas desta vila coruñesa.