Núñez Feijóo e Casado arrouparán este domingo a candidatura de Carlos Abal

O presidente do PPdG, Alberto Núñez Feijóo, e o presidente nacional do PP, Pablo Casado, arrouparán este domingo a candidatura de Carlos Abal á Alcaldía de Nigrán, na tradicional churrascada popular que se celebrará a partir das 14:00 horas no pavillón da Comisión de Festas de San Roque, en Camos.

O evento, que se trasladou de Montecastelo a este espazo cuberto, con cafetería e servizos, pola previsión de choiva, contará tamén coa presenza de Alfonso Rueda, Ana Pastor, Jesús Vázquez Almuiña, Teresa Pedrosa e Corina Porro.

As persoas interesadas en acudir poden adquirir ao seu ticket chamando ao 986 352 223. O prezo é de 10 euros por persoa, e inclúe churrasco, pan e bebida. Ademais, haberá inchables para os máis pequenos, touro mecánico e moitas sorpresas máis.

Anuncios