
Hoxe, 17 de maio, foi o Día Internacional contra a Homofobia, a Transfobia e a Bifobia, unha loita aínda fundamental debido ao retroceso que estamos experimentando. O avance da extrema dereita, que pretende eliminar dereitos conquistados, e a desatención das persoas LGTBIQ+ nas políticas do estado durante os últimos anos, son indicios de que aínda queda moito por facer.
Dende Manifesto Miñor aseguran estar comprometidas coa igualdade e coa diversidade, de modo que queren poñer as políticas LGTBIQ+ no centro do debate paras vindeiras eleccións municipais. Por iso, mañá, 18 de maio, ás 17:00 horas no Auditorio Municipal de Nigrán, organizan un acto comarcal sobre municipalismo, diversidade e políticas LGTBIQ+ para falar das necesidades das persoas queer na comarca e presentar algunhas das súas propostas para as vindeiras eleccións locais.