Festa na honra da Virxe de Fátima en Peitieiros

A parroquia gondomareña de Peitieiros celebra este sábado 18 de maio a festa na honra da Virxe de Fátima. Ás 12:30 horas comezará a Misa Solemne con Sermón. A Eucaristía incluirá a celebración das primeiras comuñóns, e ao finalizar, sairá a procesión polas rúas engalanadas con alfombras de flores, acompañada pola Unión Musical de Guláns, que ofrecerá a continuación un concerto. Pola noite, ás 22:00 horas, gran verbena co grupo Láser e o trío 3.com.

Anuncios