Este xoves se reuniron en Vigo as candidaturas de unidade popular da bisbarra: Unidas Podemos Baiona, ACE Cangas, Gondomar Concello Aberto (CABE), GañaMos, Nigrán Decide, EU Son Porriño, Unidas Podemos Redondela e Marea de Vigo. Asinaron un compromiso pola construción dunha Área Metropolitana solidaria e con servizos públicos.
Entre outros aspectos, comprométense a traballar pola cooperación real entre os concellos da contorna, baseándose no principio de solidariedade e de irmandade. Tamén se comprometen a loitar pola recuperación cara ao público de servizos como a auga e o transporte, nos que prime a calidade e a garantía do servizo á cidadanía sobre calquera outra cuestión, e no que todas as persoas teñan sempre e en toda circunstancia acceso pleno aos mesmos.

