O CPI Arquitecto Palacios de Panxón festexa o Día das Letras Galegas

O CPI Plurilingüe Arquitecto Palacios de Panxón festexou hoxe o Día das Letras Galegas e clausurou o proxecto da Biblioteca (Cultura que Conta) cunha exposición sobre a elaboración do liño.

Os actos comezaron coa presentación da vida de Antonio Fraguas, e os alumnos e alumnas asistiron á unha representación do grupo de teatro do centro, na que aprenderon máis sobre el, rapearon a sua poesía, recitaron a Bernardino Graña (convidado hoxe), cantaron e bailaron co grupo de pandereteiras Millaxeira (da que forma parte a compañeira do colexio Carme) e desfrutaton co grupo de frautas e percusión do centro, que interpretou, entre outras pezas, o himno galego.

Neste día tamén deron como inaugurada a exposición sobre a elaboración do liño, onde se pode aprender xogando, escoitando e lendo. Toda unha homenaxe a un traballo tan laborioso e duro feito polas mulleres galegas do noso pasado e de algunhas que na actualidade loitan por non esquecelo.