O BNG de Baiona organiza actos parroquiais durante toda a fin de semana

O BNG vai dedicar toda a fin de semana a realizar diversos actos reivindicativos polas parroquias de Baiona. Comeza o venres 17, Día das Letras, cun xantar reivindicativo en Chan da Lagoa. O sábado visitarán un enclave único en Baiona, cunha andaina en Belesar polo Alto da Groba, e o domingo en Sabarís repetirán andaina desde o recentemente renomeado (grazas á moción do BNG que así o pedía e foi aprobada en Pleno municipal) Centro de Interpretación da Foz do Miñor até o Camping Baiona Praia. Concluirán os actos parroquiais o luns en Baredo cun encontro aberto no seu Centro Cultural.

«Con estes actos o BNG quere transmitir as súas propostas programáticas dun xeito máis aberto e participativo coa veciñanza, selo que transmitirá na súa acción de goberno en caso de contar coa confianza da veciñanza baionesa», salienta Iago Pereira, candidato á Alcaldía pola formación nacionalista.