Os socialistas de Nigrán continúan en Camos coas súas xuntanzas por parroquias

O alcalde socialista de Nigrán e cabeza de lista ás eleccións municipais do 26 de maio, Juan González, invita aos veciños de Camos a asistir este xoves ás 20:30 horas ao Centro Cultural A Camoesa para escoitar as propostas do seu equipo para o municipio en xeral e para esta parroquia en concreto de cara aos vindeiros catro anos. Como nas demais xuntanzas celebradas, o obxectivo non é só presentar o programa do partido socialista, senón tamén escoitar os desexos ou as preguntas dos veciños e veciñas. O seguinte encontro será o domingo ás 12:30 en Chandebrito e ás 20:30 en Parada.