Uns 1.600 quilos de alimentos recollidos na Operación Quilo en Sabarís

A Fundación Provincial Banco de Alimentos de Vigo recadou esta fin de semana uns 4.200 quilos nas tres Operacións Quilo que desenvolveu en Sanxeno, Moaña e Sabarís (Baiona).

A acción solidaria celebrouse o venres e sábado nos Carrefour Market das tres localidades. En concreto, no supermercado de Sanxenxo recolléronse preto de 1.000 quilos de alimentos, no de Moaña uns 1.600 quilos e en Sabarís (Baiona) outros 1.600 quilos.

Desde a ONG agradécese a implicación das persoas que entregaron as súas doazóns nos centros comerciais, así como a xenerosidade dos 70 voluntari@s que participaron na mesma, regalando catro horas do seu tempo a favor das persoas máis vulnerables.

A Fundación Solidariedade Carrefour, impulsora desta Operación Quilo, comprometeuse, ademais, a achegar 1.000 quilos de comida por cada centro adherido á campaña, co que na ONG se esperan recibir outros 3.000 quilos máis.

Tanto cos quilos de alimentos doados pola cidadanía como co compromiso feito público por Carrefour seguirase abastecendo de produtos básicos aos dous almacéns de comida cos que conta a entidade e desde os que axuda a 25.000 persoas vulnerables na provincia.

Anuncios