Nigrán ofrece unha actividade infantil ao redor da figura de Antón Fraguas

O Concello de Nigrán e a Deputación de Pontevedra queren achegar unha actividade ao redor da figura de Antón Fraguas, historiador e etnólogo homenaxeado nas Letras Galegas 2019.

Neste caso, a actividade que ofrecerán será o martes 14 de maio dende as 17:00 horas na Praza do Concello de Nigrán baixo o título “O misterioso caso de Antón Fraguas”, levado a cabo por Polo Correo do Vento.

Está baseado na publicación “A detective Peregrina e o insólito caso Antón Fraguas”, editado polo mesmo grupo a través de Lela Edicións. Na actividade narran oralmente e musican a historia, misturada coa realización dun mural, co obxectivo de dar a coñecer a vida de Antón Fraguas. Está dirixida a público infantil en idade de primaria (5 -12 anos).

Anuncios