O CCD Bolos da Carrasca organiza unha viaxe a Euskadi

O Centro Cultural e Deportivo Bolos da Carrasca organiza unha viaxe de 3 días a Euskadi do 12 ao 14 de outubro. O prezo por persoa é de 239€ e inclúe autocar gran turismo, seguro de viaxe, guía acompañante, hotel en réxime de pensión completa, comida en restaurante o primeiro e o segundo día. Non inclúe extras no hotel, entradas a monumentos, suplemento individual fixado en 25€/pax/noite. As reservas poden realizarse no propio Centro Cultural ou nos teléfonos 678 941 920 ou 667 675 165.

1º Día: ORIXE-PAÍS VASCO-BERMEO-BILBAO-PORTUGALETE
Saída ás 00:00 horas do 12 de outubro (madrugada do 11 ao 12) con breves paradas en ruta. A primeira visita será Bermeo, unha vila mariñeira, á saída da ría de Gernika e o porto de baixura máis importante do Cantábrico. A estrada que leva ata Bilbao sorprende con belas panorámicas sobre a cornixa litoral desde varios miradoiros. A continuación visita a Bilbao, capital vasca con vocación comercial, industrial e mariñeira e motor da economía vasca. Destaca a zona vella, o Museo Guggengein ou o Ensanche. Comida e máis tarde Portugalete, famoso pola súa ponte colgante, declarada pola Unesco Patrimonio da Humanidade. Chegada ao hotel, cea e aloxamento.

2º Día: SAN SEBASTIÁN-ONDARROA
Almorzo no hotel e saída para visitar San Sebastián, onde destaca a súa xa famosa Praia da Concha, o porto ou a súa zona vella, o Concello, a Praza de Miramar… Tempo libre para visitar a cidade e xantar en restaurante. Pola tarde saída para visitar Ondarroa, amplo anfiteatro de casas que descenden cara á ría do Artibal e cara ao seu porto, o máis importante de Bizkaia pola súa frota de altura. Regreso ao hotel, cea e aloxamento.

3º Día: SANTOÑA-LAREDO-ORIXE
Almorzo e saída cara a Santoña, localidade cántabra famosa polas súas anchoas. A continuación, Laredo, unha das localidades máis turísticas da costa de Cantabria. A súa impresionante praia acolle a miles de bañistas durante os meses de verán. Pero, ademais, Laredo é Conxunto Histórico Artístico pola súa riqueza artística e patrimonio histórico. Comida no hotel e á hora prevista saída cara ao punto de orixe con breves paradas en ruta.