Nigrán Decide continúa cos actos de campaña nas parroquias de Parada e San Pedro

Nigrán Decide. despois de facer un acto público de presentación da súa candidatura o pasado 30 de abril, iniciou unha rolda de charlas coa veciñanza de explicación do programa por todas as parroquias do Concello de Nigrán que comezou o pasado día 8 en Chandebrito, continuando pola de Camos o pasado sábado 11, e que continúa este martes 14 de maio ás 20:30 horas no Centro Social de Parada (Igrexa Nº 6) e o mércores 15 de maio ás 20:30 horas na AAVV A Unión de San Pedro de A Ramallosa. Os actos serán presentados polo candidato á alcaldía José Cuevas e participará a candidata Nº 2 Alba Costas.